Dairas no Sáhara

>> 11 ene. 2013


A ministra de Formación Profesional do Sáhara ollando os poemas e o dvd


Sen palabras explícase mellor !!

Read more...

En galego no Sáhara

>> 12 dic. 2012


A experiencia máis gratificante é o contacto cos nenos/as

Read more...

A Estrada MGB

>> 9 dic. 2012

A escola de educación especial de Dajla levará o nome de " A ESTRADA MGB " grazas á colaboración económica ( 9000 euros ) instalarán un acceso a internet, investirán en transporte para os nenos que non poden facelo e dotarán de material básico á mesma.
Grazas a todos/as por achegar unha pinga de auga.

Reparto de alimentos. Xoán Xosé moi observador

Esta é a escola que recibe a axuda.

Sempre rodeados de nenos/as.

Fixemos un campionato de chapas e entregamos os trofeos!!

Este cole es una mierda... es que no tenemos nada.... es que sin medios... escoitades algo así algunha vez ?

Read more...

Tindouff

>> 18 nov. 2012

No vindeiro mes de decembro, dous profesores do IES, viaxarán ao campamento de refuxiados de Tindouff ( lugar onde está inspirada a curtametraxe "Dairas".
 Os representantes do centro serán: Xoán Xosé Pérez, director artístico.
 Miguel A. Carbajal, autor e director de Dairas.
Xa vos contaremos a experiencia.



Read more...

Festival de cine La Muela

>> 31 may. 2012

Dairas foi seleccionada para proxectarse no Festival de Cine La Muela, en Valladolid. Debido á súa duración non entrou en concurso e proxectouse en sección paralela. Para nós ten o mesmo mérito... noraboa a tódolos participantes.

Festival

Read more...

Parabéns!!!

>> 29 nov. 2011


Que se me gustou a película? Moito. Verdadeirametne moito. Felicita ás rapaces e rapaces e tamén ao profesorado porque é un traballo que se ve con gusto e emoción.
Tamén disfrutei moito da lectura dos poemas do libro, algúns dos autores e autoras bos e admirados amigos meus.

 


 
Veño de ver o voso traballo e, certamente, aínda estou abraiado e as imaxes e a música fican gravadas na memoria. Os meus máis entusiastas parabéns para ese alto exemplo de solidariedade e arte. Si, señor. Felicita a tod@s da miña parte.

Unha forte aperta,



Estimados compañeiros e compañeiras de profesión do IES Manuel García Barros:
Quero felicitar, así, en fresco, ao IES ao completo e en especial ao equipo DAIRAS por esa marabilla de traballo arredor do Sahara.
 Soubestes, de certo, estar "onde as mans enfrían" para quecer corpo e alma de quen case non ten mans para estender... estivestes alí...
Ata nos silencios se escoitaba a vosa voz potente, a vosa protesta...
Tende por seguro que a vosa canción voará por riba dos tellados do mundo.
Fixestes un traballo magnífico e difícil, moi difícil. Pode que ao alumnado participante non lle acorde en que momento aprenderon a distinguir as "adverbiais" das "de relativo", pero iso non o van esquecer...
Parabéns por tanto.
Ben seguro que chegarán máis recoñecementos, todos merecidísimos.
Unha forte aperta para todo o equipo Dairas

Read more...

Donación 8000 euros

>> 18 nov. 2011

Fixéronse entrega de 8000 euros (5000 en metálico e 300 libros, que se encargaron de vender a propia asociación, de momento. Faltan 2000 euros máis da edición do libro dvd, que entregaremos unha vez vendidos todos.
Mesmo cabe a posibilidade de sacar á venda unha segunda edición!!!

Donación Dairas prensa

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP